Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MERCADO ELÉCTRICO

Gas Natural dá o primeiro paso para adquirir Fenosa

O grupo gasístico catalán confirma que está a negociar con ACS para adquirir o 45,3% da eléctrica. Mentres, sen noticias de movementos do capital galego.

Redacción - 11:45 24/07/2008
Gas Natural

Gas Natural

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) recibiu xa a comunicación por parte de Gas Natural do inicio de conversacións con ACS para adquirir a súa participación en Unión Fenosa. Confírmase así o interese do grupo gasístico pola operación.

O grupo liderado por Salvador Gabarró leva xa cinco anos tentando o seu asalto ao sector enerxético. En 2003, lanzaba unha opa a Iberdrola; no 2005 a Endesa e agora é unha das compañías na disputa pola terceira eléctrica. Gas Natural é o maior grupo de distribución de gas no estado español. Se finalmente adquire o 45,3% de Fenosa, convertiríase nun novo grupo cunha capitalización de 29.000 millóns, o que agora vale Endesa.

Gas natural está controlado por La Caixa e Repsol, que teñen máis do 30% cada un. Este é o motivo polo que podería asumir a compra en efectivo. Se non, a outra posibilidade é un dobre mecanismo de pago en efectivo e en efectivo con títulos propios.

Da súa banda, ACS explica tamén que está a manter conversacións con distintos operadores do sector enerxético.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: