Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nos Xogos Náuticos do Atlántico

Máis de setenta galegos loitarán en Euskadi por unha medalla

A competición desenvolverase en Getxo e Sopelana, entre o 19 e o 25 de xullo. Até o ano pasado chamábanse tamén ‘Intercélticos', e xuntan as rexións do Espazo Atlántico Europeo.

Redacción - 18:07 17/07/2008

Este ano os XIV Xogos Náuticos do Atlántico (até 2007 coñecidos como Xogos Náuticos Intercélticos) desenvolveranse en Euskadi, nas cidades de Getxo e Sopelana, entre o 19 e o 25 de xullo.

Galiza despraza, nesta edición, 71 persoas; 28 delas representantes da Federación Galega de Vela (26 participantes e 2 monitores); 9 participantes da modalidade de remo e 1 monitor da Federación Galega de Piragüismo; 6 participantes de kaiak de mar e 8 de kaiak polo e pista; e 19 representantes da Federación Galega de Surf, dos cales 17 son participantes e 2 monitores.

O ano pasado o combinado galego de piragüismo, surf, vela, remo e actividades subacuáticas competiu en Morlaix (Bretaña), onde conseguiron moi bos resultados, sobre todo en remo e piragüismo.

Os Xogos Náuticos do Atlántico
Estes xogos organízanse dende 1995 e, co paso dos anos, foron gañando popularidade, ao tempo que se convertían nun referente para os deportes náuticos (vela, surf, kayak, remo, submarinismo, remo e vela a motor).
Ademais de deporte, son varias as actividades que se han desenvolver este ano e que completan un importante programa cultural que aportan as distintas rexións celtas e as rexións do Espazo Atlántico Europeo.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Nestes xogos participan as modalidades de surf, remo, vela, piragüismo e actividades subacuáticas
Nestes xogos participan as modalidades de surf, remo, vela, piragüismo e actividades subacuáticas
Este ano os xogos desenvólvense, a un tempo, na cidade de Getxo (arriba) e na de Sopelana (sobre estas liñas, unha das súas praias) / Flickr: joeyelmolar
Este ano os xogos desenvólvense, a un tempo, na cidade de Getxo (arriba) e na de Sopelana (sobre estas liñas, unha das súas praias) / Flickr: joeyelmolar
Flickr: jasoncinsphotos
Flickr: jasoncinsphotos