Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[VELA]

31 deportistas galegos participarán desde o domingo nos Xogos Náuticos Intercélticos

Doce deportistas galegos da modalidade de surf e dezanove de vela partiron na tarde do mércores cara a Falmouth (Cornualles - Gran Bretaña) para participar nos Xogos Náuticos Intercélticos representando a Galiza. Trátase duns encontros que se veñen celebrando desde o ano 1995 e que se teñen convertido nun acontecemento único, deportivo e cultural, e no que se compite a nivel internacional nos seguintes deportes náuticos: vela, surf, kayak, remo submarinismo, remo e vela a motor. Os Xogos celébranse este ano en Cornualles entre o 23 e o 29 de xullo, e son, ademias dun escaparate deportivo, unha posta en común do ámbito cultural.

- 09:24 20/07/2006
Tags:

A delegación galega nesta edición dos Xogos Náuticos Intercélticos caracterízase pola súa baixa media de idade, tratándose na maior parte dos casos de deportistas de categorías infantil e xuvenil tanto da modalidade masculina coma da feminina.

Case 600 deportistas participarán nesta semana de competición e intercambio. Entre os participantes desta undécima edición atópanse Irlanda, Gales, Cornualles, Bretaña, Euscadi, Cataluña, Asturias, Bélxica, Países do Loira, que asisten a estes xogos que teñen, amais do seu carácter deportivo, tamén un fin cultural e económico.

A semana deportiva vai acompañada dun importante programa cultural que supón a posta en común das distintas rexións celtas e das rexións do Espazo Atlántico Europeo con orixes comúns. Por iso, os Xogos Náuticos Intercélticos teñen a ambición de ilustrar e de promover a competencia náutica particular dos distintos participantes favorecendo, tamén, a emerxencia de novos intercambios entre as nosas poboacións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: