Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois das protestas

O Canadá pídelle perdón, publicamente, aos indíxenas

Un de cada catro vive por baixo do limiar da pobreza. Hai dúas semanas mobilizáronse reclamando ser escoitados polo goberno federal.

Redacción - 09:00 16/06/2008
Logo da APNQL

Logo da APNQL

A pasada semana o primeiro ministro canadense, Stephen Harper (Partido Conservador), pediulles perdón aos indíxenas de Quebec e do Canadá pola política "de asimilación" que desenvolveu o goberno entre o século XIX e os anos setenta do XX.

Coas verbas "o goberno do Canadá presenta as súas sinceras escusas e pide perdón aos pobos autóctonos", Harper abriu unha solemne cerimonia no Parlamento Federal no que se recoñeceu o sufrimento dos indíxenas.

O goberno tamén pediu perdón por separar os nenos indíxenas das súas familias e escolarizalos en orfanatos, onde lles deron unha educación que negaba a existencia da súa cultura. Ademais, en bastantes casos sufriron maltratos e abusos sexuais. Algúns deles estaban con Harper no acto institucional.

O goberno pide perdón... despois das mobilizacións

A finais de maio as principais organizacións indíxenas prepararon unha xornada de mobilizacións para reclamarlle ao goberno que os escoitase. A Asemblea das Primeiras Nacións do Quebec e do Labrador (APNQL) queixouse, o pasado 29 de maio, de que o goberno federal estaba a facer case nada por corrixir a miseria na que viven, á forza, os indíxenas que están confinados nas reservas.

De feito, como dato, salientouse que un de cada catro nenos indíxenas viven por baixo do limiar da pobreza e que este feito mancha "a reputación internacional canadense", ao tempo que se lembrou que o conxunto do país debe considerar o problema como propio.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Bonecas-souvenir vestidas con roupa tradicional dos indíxenas do Canadá / Flickr: banfflakelouise
Bonecas-souvenir vestidas con roupa tradicional dos indíxenas do Canadá / Flickr: banfflakelouise
Tótem indio, fotografado en Comox Valley (Canadá) / Flickr: kk
Tótem indio, fotografado en Comox Valley (Canadá) / Flickr: kk
Tipis erguidos para os turistas, en Alberta (unha das provincias de Canadá) / Flickr: jurek_durczak
Tipis erguidos para os turistas, en Alberta (unha das provincias de Canadá) / Flickr: jurek_durczak