Manifestación contra a pobreza e polos dereitos históricos dos pobos indíxenas.
Os pobos indíxenas do Canadá mobilízanse esta quinta feira na capital do Estado, Ottawa, para lle pedir ao goberno medidas destinadas a combater a miseria en que nas reservas. Un de cada catro nenos viven por debaixo do limiar da pobreza, un problema que o país debería de considerar como propio.
"É hora pórlle fin ao colonialismo e de recoñecer os dereitos dos pobos indíxenas. Se non se afronta agora o problema, as xeracións futuras aínda terán máis dificultades para resolvelo", sinalou o responsábel da Assembly of First Nations (Asemblea das Primeiras Nacións, AFN), para o Quebec e o Labrador, Ghislain Picard.
A marcha, que se organiza por segundo ano consecutivo, está convocada para as 10.00 horas (ás 16.00 horas en Galiza). O líder a nivel estatal da AFN, o xefe Phil Fontaine, encabezará a manifestación que partirá dende Victoria Island e finalizará fronte ao parlamento ás 13.00 horas.
Polo camiño uniránselles un grupo de crianzas do norte de Ontario, que permanecen dende 2000 sen escola cando a que tiñan tivo que ser pechada por un fuga de gasoil. Ademais, a AFN quérelle facer chegar ao goberno canadense sete reclamacións básicas de contido social e de respecto ao autogoberno.