Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O CAMIÑO RETORTO DA NORMALIZACIÓN

No xulgado tanto se escribe A Coruña con L como vivenda con “dous bes”

O xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, volve quitarlle ferro ao feito de que haxa sentenzas co topónimo ilegal e teima en falar de simples erros ortográficos.

Redacción - 13:40 09/06/2008

Antonio Fraga Mandián, xuíz decano da Coruña, volveu deixar para a posterioridade unhas curiosas declaracións sobre o topónimo da cidade. Nunha entrevista en Radio Coruña, preguntado polas queixas que lle chegaban polo uso de 'La Coruña' nas sentenzas xudiciais, quitoulle ferro ao asunto dunha maneira sorprendente. Segundo Fraga Mandián, as queixas formais non teñen sentido porque é un simple erro como “se se escribe vivenda con dous bes”.

Non é a primeira vez que Fraga Mandián fala de simples erros á hora de usar o topónimo ilegal. De feito, o xuíz chegou a denunciar ao secretario comarcal da CIG-Ensino, Eduardo Álvarez, por inxurias. O sindicalista acusara ao maxistrado de escudarse no cinismo para xustificar o uso de 'La Coruña'. Un xulgado condenou a Álvarez a unha multa de 200 euros e a indemnizar a Fraga Mandián con cinco mil euros. Porén, logo dun recurso da CIG, a Adiencia Provincial anulou a sentenza e mandou repetir o xuízo, que terá lugar o 25 deste mes.

Un lector de Vieiros fainos chegar o corte de voz da entrevista a Fraga Mandián que tivo lugar o pasado 21 de maio.


4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: