Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG PRESENTA QUEIXAS FORMAIS NO CONSELLO DO PODER XUDICIAL

Denuncian dous maxistrados da Coruña por conculcar dereitos lingüísticos

O secretario comarcal da CIG na Coruña, Paulo Carril, e o secretario da Federación de Ensino da mesma zona, Eduardo Álvarez, denunciaron a dous xuíces por terlles conculcado os seus dereitos lingüísticos. Os sindicalistas, acompañados de membros da Mesa pola Normalización Lingüística, anunciaron que van emprender accións diante do Consello Xeral do Poder Xudicial, CXPX contra o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, e contra o titular do Xulgado do Social número 3 da mesma cidade, Manuel García Carballo.

- 17:38 14/02/2007
Tags:

Segundo denuncia o sindicalista Paulo Carril, o xuíz Manuel García Carballo ameazou con suspender unha vista hai poucas semanas porque se estaba a empregar a lingua do país. A CIG asegura que o maxistrado dixo estar "farto co tema do galego...E os dereitos dos que falamos en castelán?" Carril quere que o CXPX estude os feitos e que vexa se é necesario sancionar o funcionario.

Pola súa parte, Eduardo Álvarez acusa tamén ao decano dos xuíces coruñeses, Antonio Fraga Mandián, de conculcar o dereito dos galegofalantes. O enfrontamento entre o representante da CIG e o maxistrado vén de vello. No seu momento, Álvarez denunciou a Fraga Mandián por incumprir o dereito a recibir as notificacións en galego e por usar a forma deturpada da Coruña nas comunicacións. O xuíz-decano acabou presentando unha querela contra Eduardo Álvarez por inxurias logo de que o sindicalista rebatese na prensa os argumentos do xuíz. Pola súa parte, Álvarez tamén solicita ao CXPX que estude o caso para que determine se a actitude do maxistrado é irregular.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: