Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Básket galego, cada vez máis internacional

Todo listo para o Torneo Masculino das Nacións

A selección galega de baloncesto senior foi presentada esta terza feira, e ha xogar os días 6 e 7 de xuño en Barcelona neste campionato, contra Cataluña, Euskadi e Portugal.

Redacción - 19:15 03/06/2008
O segundo partido da selección galega, contra Cuba

O segundo partido da selección galega, contra Cuba

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, acompañado pola directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e os adestradores da Selección Galega Sénior Masculina, Diego Ocampo (adestrador principal) e Rubén Domínguez (adestrador axudante) presentaron esta terza feira os xogadores que integrarán a selección galega absoluta no I Trofeo Sénior Masculino das Nacións que se disputará os días 6 e 7 de xuño en Xirona (o día 7 é, ademais, o Día das Seleccións Deportivas Catalás).

Os xogadores presentados esta mañá, e que nesta ocasión representarán a Galiza son: como bases Darío Suárez Jorge (Ferroplast Básquet Coruña), Víctor de la Fuente Rodríguez (Ferroplast Básquet Coruña) e Jesús Castro Romaní (Leb Prata); como pivotes Javier Román Maseda (Ciudad de La Laguna), José Antelo Paredes (C.B. L'Hospitalet), Antonio Pantín Peleteiro (Real Madrid) e Devin N. Wright Rodríguez (Motril-Grupo Alamios). Como aleiros han intervir Rubén Fernández Vila (Gestibérica Vigo) e Manuel Gómez Cagiao (Ford Burgos); como escoltas José Antonio Vázquez Vázquez (Calefacciones Farho Gijón) e Sergio Gómez Cagiao (Estudiantes de Lugo). Finalmente como Ala-pivote participará José Ramón Esmorís Esmorís (Ford Burgos).

En palabras do seleccionador nacional, o ourensán Diego Ocampo, a irmandiña do baloncesto é unha "combinación de xogadores novos e xogadores con experiencia". Así mesmo, salientou que "en Galicia hai unha xeración boa e hai que darlle cabida".

O Calendario
Os encontros deste I Torneo Masculino das Nacións comezarán esta sexta feira ás 18:00 co partido entra Galiza e a selección portuguesa dirixida polo ferrolán Moncho López. Máis tarde, ás 20:00 horas, enfrontaranse Cataluña e Euskadi. A final será o sábado: ás 17:00 horas xogarase polo terceiro e cuarto posto, e a finalísima será ás 19:00 horas. Todo isto no Pavillón Municipal Girona-Fontajau.

O baloncesto galego no panorama internacional
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, interveu no acto desta mañá para felicitar á Federación Galega de Baloncesto polo seu "traballo entusiasta" en prol de situar ao baloncesto galego no panorama internacional. Así mesmo, salientou a importancia de que eventos como o I Torneo Masculino das Nacións, no que participará a selección galega, permitan dar continuidade ao asinado na Declaración de San Mamés.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, expresou o seu desexo de que o combinado galego participe nas vindeiras edicións deste torneo, así como marca o convenio asinado coas Federacións vasca e catalá.


Documentos

4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: