O aparello, da marca Samsung, sairá á venda o 1 de xullo e custará 129 euros.
A compañía Samsung vén de presentar o primeiro teléfono móbil que incluirá unha opción 'as Gailge'. O Samsung Tocco estará á venda a partir do primeiro de xullo (cun custo de 129 euros) en tendas dos operadores móbiles O2, Vodafone, Meteor e Carphone Warehouse de todo o país.
O servizo en irlandés non estará dispoñíbel en todos os novos teléfonos móbiles, senón que será un servizo engadido a algúns novos modelos de teléfono, aqueles considerados máis importantes ou produtos 'estrela'.
Segundo Gary Twohig, de Samsung Ireland, a compañía levaba xa tempo estudando a posibilidade de lanzar un teléfono móbil con opcións en irlandés e non será a última iniciativa destas características.