Unha cuarta parte das mortes produciuse no Iraq, nun ano no que aumentou a violencia no país e máis no Afganistán.
As autoridades militares norteamericanas explican o aumento dos suicidios, que se incrementaron nun 13% en 2007 acadando a cifra máis elevada dende 1990, en dous factores. En primeiro lugar, na intensificación da violencia e dos enfrontamentos armados directos con intervención dos soldados tanto no Iraq coma no Afganistán, e en segundo lugar, no aumento do periodo de servizo dos militares no extranxeiro, que pasou de 12 a 15 meses.
Ao redor dun terzo dos suicidios foron cometidos polos soldados que se atopaban fóra dos Estados Unidos, e unha cuarta parte do total, no Iraq. A noticia converteuse xa nun asunto máis da longa campaña electoral cara aos comicios de novembro, e Barack Obama salientou que as cifras son un recordatorio dos custes provocados pola invasión norteamericana no Golfo Pérsico.
Tamén no exército ruso
As cifras de suicidios son mesmo meirandes no exército ruso, que en 2007 perdeu destes xeito un número de soldados semellante a un batallón, é dicir, 341 persoas. No que levamos de 2008 os suicidios descenderon 14%. Así e todo, a cifra segue representando máis da metade das baixas en tempo de paz. Ademais, no 2007 producíronse 15 mortes por 'novatadas' causadas polos soldados veteranos aos máis novos.