Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DANOS MATERIAIS

Un terremoto de 6,1 graos afecta a Islandia

Segundo os medios públicos do país, non hai feridos, mais importantes desperfectos, como unha estrada cortada.

Redacción - 19:50 29/05/2008
Igrexa de Selfoss, a cidade máis afectada polo terremoto

Igrexa de Selfoss, a cidade máis afectada polo terremoto

Un terremoto de 6,1 graos na escala de Richter afectou a tarde do xoves a Islandia. O epicentro do tremor produciuse a 50 quilómetros da capital, Reiquiavik. Segundo informa a BBC, a localidade de Selfoss foi a máis afectada, con danos nos edificios e a cidadanía saíndo á rúa chea de pánico.

Ao parecer, é unha das zonas máis turísticas do país. Segundo informacións da televisión estatal, RUV, non houbo feridos, aínda que a estrada entre Reiquiavik e Selfoss quedou cortada polos desperfectos. As autoridades aconselláronlle á cidadanía que abandonen a zona pola posibilidade de que se produzan réplicas.

A web Icenews salienta que é o sismo máis forte que se produce en Islandia dende o 17 de xuño de 2000. Daquela non houbera afectados por ser o día da festa nacional e estar a meirande parte da poboación na rúa.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: