Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Obxectivo: Beixín 2008

Sábese esta cuarta feira: Perucho e Craviotto ou Hernánz e Cosgaya

A Federación debe decidir, con axuda do CSD e dun tribunal de expertos, que equipo vai poder competir este verán nas Olimpíadas, enriba do K-2. Un deles podería ser o galego Carlos Pérez.

Redacción - 13:50 27/05/2008
Carlos Pérez, 'Perucho'

Carlos Pérez, 'Perucho'

Esta terza feira a Federación estatal desenvolve unha xuntanza no Centro de Tecnificación de Santa Cruz de Trasona, en Asturias, na que o único tema sobre a mesa é escoller que K-2 masculino vai poder competir en Beixín 2008.

No debate entran catro protagonistas: o asturiano Javier Hernánz e o palentino Diego Cosgaya; e o catalán Saúl Craviotto e o galego Carlos Pérez, Perucho, cos seus respectivos adestradores, asturianos os dous; José Seguín e Miguel García. Con eles han estar o presidente da RFEP, Santiago Sanmamed, e o anfitrión, o presidente da Federación Asturiana de Piragüismo, José Manuel Fernández Ovies.

Vai estar Perucho en Beixín?
Da xuntanza ha saír unha decisión unánime, mais finalmente é o CSD, axudado por un tribunal de expertos, o que seleccionará a tripulación que vai ir ás Olimpíadas. Isto último hase saber esta cuarta feira de mañá, co que nesta data xa coñeceriamos se os deportistas presentes en Beixín van ser algo máis dunha decena, de entrar Perucho, un dos máis destacados palistas de Aldán (Cangas) na selección.

Os encargados de tomar a decisión técnica (que foron escollidos polos propios palistas e por xente da federación) son Eduardo Herrero, asesor do presidente e director técnico do Equipo de Kaiak Masculino; Fausto Moreno director técnico do equipo de Kaiak Feminino; Luis Villanueva, técnico do CSD e responsábel de piragüismo; e José Ramón López Díaz-Flor, piragüista, medalla de prata nos XXOO de Montreal de 1976 e, na actualidade, director da Residencia Joaquín Blume.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un dos equipos posíbeis no K-2, o formado polo catalán Craviotto e o galego 'Perucho'
Un dos equipos posíbeis no K-2, o formado polo catalán Craviotto e o galego 'Perucho'
O outro equipo, o formado por Cosgaya e Hernánz (na imaxe, co seu adestrador, Miguel Seguín)
O outro equipo, o formado por Cosgaya e Hernánz (na imaxe, co seu adestrador, Miguel Seguín)