Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
T-INCLUYE

Unha ferramenta web detectará expresións sexistas na rede

O servizo analizará automaticamente o texto dos enderezos web e ofrecerá alternativa.

Redacción - 10:20 24/05/2008

Unha nova web, T-incluye, ofrecerá unha ferramenta en liña para analizar se a linguaxe dos sitios da internet é sexista. Ademais, ofrecerá alternativas a esas expresións. Aínda que o servizo non está dispoñíbel, espérase presentalo publicamente "en datas próximas".

A ferramenta está a ser creada pola Fundación CTIC, institución asturiana privada sen ánimo de lucro que conta co apoio do goberno do Principado e xestiona o proxecto "Web con Género". O seu obxectivo é promover actividades de desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación en todos os campos para o fortalecemento da Sociedade da Información.

Até que non entre en funcionamento o analizador automático, a web do proxecto xa ofrece acceso a diversos recursos sobre linguaxe non sexista e mais a convocatoria do premio T-incluye, que recoñecerá as mellores prácticas de utilización de contidos non sexistas na internet.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: