Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Nyakoe, ao oeste do país

Queiman vivas a 15 mulleres en Quenia acusadas de bruxaría

A Policía puxo en marcha un operativo de seguridade para identificar e deter os autores do crime.

Axencias - 18:55 21/05/2008

Polo menos 15 mulleres foron queimadas vivas en Nyakoe, unha aldea a 300 quilómetros ao oeste de Nairobi, capital de Quenia, logo de seren acusadas de bruxería polos seus veciños. Segundo as testemuñas, un cento de persoas levounas á fogueira.

A Policía puxo en marcha un operativo de seguridade para identificar e deter os autores do crime. "É inaceptábel", asegurou Mwangi Ngunyi, responsábel do distrito onde sucederon os feitos. "A xente non pode facer a xustiza polas propias mans, simplemente en base a sospeitas", subliñou.

Segundo fontes locais, polo menos dúas ducias de persoas foron acusadas de bruxería e asasinadas no país dende 1990, concretamente nesa zona. No entanto, segundo os correspondentes dos medios no país sorprende o elevado número de persoas axustizadas á vez.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: