Velaí unha das declaracións de amor gañadoras do concurso organizado polo Consello da Xuventude.
O Consello da Xuventude de Galicia, CXG, puxera en marcha nas semanas previas ao Día das Letras unha nova edición do concurso de declaracións de amor a través de correo electrónico, convidando a mozas e mozos a enviaren as súas propostas a Lingua de Amor .eu.
Esta fin de semana entregáronse os premios. Velaquí a lista completa e os textos gañadores:
CATEGORÍA DE 14 A 19 ANOS
1º/ Premio: Silvia Castañal González, coa declaración "Composto químico".
Eu son para ti coma un átomo invisible nun complexo composto químico. Déixame ser algo máis, necesítote.
2º/ Premio: Bibiana Rodríguez Domínguez, coa declaración "Porque te quero..."
Quérote lonxe de min, ao outro lado da cama.
3º / Premio: Marta Lois, coa declaración "O meu veleno".
Púxenlle a cada verba que che vou dicir o suficiente veleno como para que sexas meu o resto da miña vida...
CATEGORÍA DE 20 A 30 ANOS
1º/ Premio: Bibiana Caamaño Álvarez, coa declaración "Laranxas do día".
Lembras como ós 20 anos faciamos o amor case todos os días? Hoxe sen te decatar,fasme cóxegas cada noite baixo a manta da cama fría. Lembras esas mañás nas que ías ó mercado para me traer laranxas do día? Hoxe enfádaste porque non che deixo saír á rúa sen compañía. Porque 65 anos despois non lembras mais seguímonos Amando igual que o primeiro día
2º/ Premio: Margarita Sanpedro Mariño, coa declaración "Química".
Din que o amor son reaccións químicas, liberación de endorfinas ou non sei que lerias. Por se acaso vou ir mercando unhas cantas probetas por se esta noite vés visitarme e así facer un experimento científico.
3º/ Premio: Dolores Torrado Vicente, coa declaración "Autobiográfico".
- Quérote... - De veras?! - ... Avisar que non veñas buscarme...