Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Contrarios ao proceso de paz

Un ferido nun atentado no Norte de Irlanda

Atribúeselle o ataque a membros disidentes do IRA.

María Golpe - 09:00 14/05/2008

Aínda que a identidade dos responsábeis está por confirmar, fontes policiais no Norte de Irlanda indicaron que grupos disidentes contrarios ao proceso de paz están detrás do ataque en Spamount (Condado de Tyrone), perpetrado con trampa explosiva camuflada no vehículo dun oficial de policía fóra de servizo.

O policía (católico) ferido sofre feridas nunha perna, pero está fora de perigo. Tanto representantes unionistas como membros do Sinn Fein no Norte de Irlanda condenaron o ataque.

Os acordos de venres santo que iniciaran o proceso de paz en Irlanda do Norte celebran este ano o seu décimo aniversario. Sen embargo, grupos republicanos disidentes parecen gozar aínda de boa saúde.

A policía no Norte ten advertido que o nivel de actividade de grupos disidentes na zona de Tyrone leva aumentado nos últimos meses, atacando membros da policía en particular.

En novembro, o Real IRA atacaba dous policías en Derry e en Dungannon, e en febreiro, a policía levou a cabo unha operación de seguridade no Norte, por medo a mais ataques contra membros do corpo de policía.


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: