Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tras un segundo reconto electoral

O partido de Mugabe perde a maioría no parlamento de Cimbabue

Logo de 28 anos, o ZANU-PF non controlará a cámara lexislativa. O país agarda aínda o resultado oficial dos comicios presidenciais.

Redacción - 18:03 26/04/2008
Morgan Tsvangirai

Morgan Tsvangirai

A comisión electoral de Cimbabue publicou este sábado o resultado parcial do reconto de votos das eleccións do pasado 29 de marzo, ratificando que o partido do presidente en funcións, Robert Mugabe, perdeu a maioría no parlamento.

Unión Nacional Africana de Cimbabue-Fronte Patriótica (ZANU-PF, nas súas siglas en inglés) -partido oficialmente comunista, mais que foi dexenerando cara ao populismo e o 'culto' ao líder- pedira o reconto en 23 das 210 circunscricións electorais.

Os datos que se deron a coñecer son os de 14 circunscricións, e aínda que os de Mugabe triunfasen no resto das que faltan por computar, a vitoria do Movemento polo Cambio Democrático (MDC, nas súas siglas en inglés), do opositor Morgan Tsvangirai, dáse por segura.

O país agarda aínda o resultado oficial dos comicios presidenciais, onde Tsvangirai tamén se declarou gañador. Dende que Cimbabue conseguira a independencia do Reino Unido en 1980, esta é a primeira vez que o MDC vai ter o control da cámara lexislativa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: