Nas vindeiras semanas actuará en Compostela, Lugo e Ourense
Fran Pérez Narf amosou xa as súas novas cancións en Cabo Verde, Mozambique, Brasil, Cuba, Inglaterra ou Portugal. Esta semana comeza unha mini xira de presentación de Totem por Galiza. Este mércores actuará no Teatro Principal de Compostela, con entradas a cinco euros. Nesta primeira actuación Fran Pérez (voz e guitarra) estará acompañado pola súa banda: Marcos Teira (guitarra e coros), Pepe Sendón (percusión e coros), Quiné (batería) e Zé Lima (contrabaixo).
A xira continuará o xoves 24 en Lugo, na Facultade de Veterinaria. E o mércores 30 en Ourense, no Auditorio Municipal, dentro do ciclo 4x4. O mesmo ciclo levará a Fran Pérez a Arteixo un mes despois, o 30 de maio no Centro Cultural Cívico.