As islandesas ocupan un dos lugares máis destacados na clasificación mundial.
Islandia é un dos países máis ricos do mundo
Islandia ocupa o primeiro lugar no mundo en canto á esperanza de vida da súa poboación masculina. Segundo un estudo realizado polo Centro de Estatística do país, en 2007, os homes islandeses vivían, de media, 79,4 anos.
"É unha marca mundial. Os islandeses viven incluso máis cós xaponeses (78,6 anos). Non temos explicación ningunha a este fenómeno", sinalou un dos expertos do centro. Pola súa banda, as islandesas chegan aos 82,9 anos de media, un dos mellores indicadores no mundo, mais que superan as xaponesas.
No total global, a poboación de Islandia era de 81 anos en 2007, namentres que en Xapón superaba por pouco os 82. Islandia, con 313.400 habitantes é un dos países máis ricos. A ONU referiuse a el como o "máis próspero do planeta".