Os socialistas consiguen 169 deputados (43,68% dos votos) mentres que a dereita aguanta o tipo subindo máis de dous puntos (40,08%) e logrando 154 escanos.
21h52: Co 54% do reconto, o PSOE sitúase agora en 171 escanos. Comparece diante dos medios o secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, quen asegura que o abano final dos socialistas quedará entre os 168 e os 171 deputados. O PP chega agora aos 150 escanos. IU sobe a proxección anterior até 3 escanos.
21h33: Co 33% escrutado. O PSOE afástase da maioría absoluta. Os socialistas contarían agora con 170 escanos. Atrás deles, o PP chega aos150. Porcentualmente, a diferencia de voto é de sete puntos. Afunde Izquierda Unida, que só tería desta volta dous deputados fronte aos catro de 2004. CiU parece consolidarse nunha perspectiva de 10 deputados, os mesmos ca en 2004.
21h25: Co 23% escrutado. O PSOE no gume da absoluta. Os socialistas chimpan aos 175 escanos, só un por baixo dos necesarios para a maioría absoluta no Congreso.
21h15: Co 11% escrutado. Ampla maioría para os socialistas (172) malia que un chanzo por baixo da maioría absoluta (176). A vantaxe do PSOE sobre o PP chega aos dez puntos neste primeiro treito do reconto.
20h:
Os socialistas lamben a maioría absoluta segundo as primeiras enquisas
Enquisas:
Cuatro/Ser: PSOE (168-173); PP (145-149); CiU (9-10);ERC (6); PNV(6-7); IU(4); BNG(1-2)
Antena 3/Onda Cero: PSOE(163-166);PP (149-152);CiU(10);ERC(6-7); PNV(7);IU(4-5); BNG(1-2)
TVE/Autonómicas: PSOE (172-176); PP(148-152); CIU(9-11); ERC(3-4); PNV(6-7); IU (2-3); BNG(1-2)
Telecinco:PSOE (172-178); PP(142-147); CIU (9-11); ERC(4-5); PNV(6-7); IU(3-5); BNG(1-2)