Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DO SÁBADO NEGRO

Olmert: "Ninguén ten dereito a pontificar sobre Israel"

O primeiro ministro israelí asegura que Israel vai continuar a ofensiva contra Gaza, a pesar da condena internacional.

Redacción - 13:35 02/03/2008

A maior ofensiva de Israel contra territorios palestinos segue adiante. Na mañá deste domingo, o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, subliñou que as operacións militares van continuar e incluso “intensificarse”. As ameazas chegaban poucas horas despois de que o presidente da ONU, Ban Ki Moon, condenase uns ataques a Gaza que deixaron 60 mortos, moitos deles civís. Olmert alega que está defendendo á súa poboación dos ataques das milicias palestinas e asegura que, por iso, "ninguén ten dereito a pontificar sobre Israel"

Pola súa parte, o presidente palestino, mahmud Abbas, decidiu suspender as negociacións de paz abertas con Israel o pasado mes de novembro en Annapolis (EUA) por mor do masacre. O consello de seguridade da ONU mantivo un encontro urxente este sábado pola noite e logo de condenar o acontecido decidiu unha nova reunión para este luns.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: