Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTRE ELES NUMEROSOS CIVÍS

Os tanques israelís volven entrar en Gaza e deixan 45 mortos

O presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, cualifica a situación como "máis grave ca un holocausto"

Redacción - 20:00 01/03/2008

A situación en Gaza volve ser dramática. Os ataques do exército israelí deixaron alomenos 45 mortos no que vai de xornada, entre eles numerosos civís. O propio presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, sinalou que o que estaba acontecendo en Gaza está a ser "máis grave ca un holocausto". A ofensiva israelí foi especialmente virulenta a primeiras horas da mañá cando entraron unidades militares na franxa apoiadas por helicópteros.
 As autoridades israelís xustifican a masacre asegurando que se intenta combater as "infraestruturas terroristas" e evitar novos ataques contra as poboacións do sur de Israel, que este mércores causaron un morto. Médicos palestinos denunciaron que os soldados non permitiron a recollida dalgúns corpos que xacían na vía pública.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: