É a personaxe estrela dun programa infantil de éxito a comezos dos anos 90.
O pavo Dustin será o representante da República de Irlanda no festival de Eurovisión 2008, ao ser votado polo publico irlandés nun concurso que levantou polémica.
O publico irlandés, especialmente os mais pequenos, coñecen ben o boneco Dustin, xa que é a personaxe estrela do programa infantil The Den dende primeiros dos anos 90. Dustin non é un pavo calquera, tendo xa publicados varios discos.
Aínda que Dustin se fixo co primeiro posto na competición para representar Irlanda sen problemas, a sua candidatura esta causando un debate axitado nos círculos musicais e televisivos do país. A cantante Dana, que gañara Eurovisión representando Irlanda en 1970, pediu a retirada de Irlanda do festival de Eurovisión.
Os seguidores do pavo aseguran que o público irlandés perdera o interese en Eurovisión de todos os xeitos e que a participación de Dustin o pavo é orixinal, ademais de simpática.
Os detractores din que a participación de Dustin é unha broma de mal gusto e un insulto aos músicos do pais.
Dividida entre os pro-Dustin e os contra-Dustin, Irlanda mandara a Dustin ás semi-finais en Belgrado en maio, onde interpretara “Irlande Douze Pointe”.
Unha cousa esta clara: tendo quedado de última na pasada edición de Eurovisión con cero puntos, Irlanda non ten nada que perder enviando a Dustin a Eurovisión. Algunhas casas de apostas incluso teñen a Dustin como favorito para gañar o festival deste ano.
Nunca se sabe, o próximo até podería ser o Xabarín.