Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FEIRA DO LIBRO INFANTIL

'O Gran Libro dos Retratos de Animais', premio de honra en Boloña

A obra de Oqo Editora recibirá o 31 de marzo o galardón, durante a celebración do encontro literario de literatura para nenos máis importante do mundo.

Redacción - 17:40 29/02/2008

O Gran Libro dos Retratos de Animais, escrito e ilustrado por Svjetlan Junakovic atópase dentro da colección Oqart. Esta obra, editada por Oqo en galego, castelán, inglés, francés e portugués. Esta Mención de Honra no Bologna Ragazzi Award únese ao primeiro premio ao libro mellor editado do 2007 na categoría de libros infantís, que recibiu na feira Liber en Barcelona.

O xurado, reunido en Bologna, estivo formado por Antonio Faeti (Profesor de Literatura Infantil da Universidade de Bologna, Italia), Dorothée Charles (membro do Musée des Arts Décoratifs, Paris, Francia) e o deseñador español Manuel Estrada. O xurado destacou con este premio a poética da narración visual, a subtileza do sentido do humor e o feito de nos facer revisitar a historia da arte a través da imaxinación e a fantasía creando "un museo coma ningún outro existiu". Destacaron, asemade, a "refinada elegancia de cada imaxe, a técnica do ilustrador e a beleza da edición".

Actualmente, as imaxes orixinais de O Gran Libro dos Retratos de Animais atópanse expostas na Fundación Municipal de Cultura de Xixón, Asturias, despois de pasar por Barreiro, Portugal, na sede de Ilustrarte, e en Leer León, a feira de Literatura Infantil de León. Así mesmo, o libro protagonizou no centro de Arte Contemporáneo do Centro Cultural de Belem, en Lisboa, unha semana de actividades e obradoiros plásticos para nenas e nenos.


4,75/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: