Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito palestino-israelí

Segue o castigo israelí: 32 palestinos mortos en 48 horas

Entre os asasinados hai oito nenos. Catro foron bombardeados mentres xogaban ao fútbol.

Redacción - 10:30 29/02/2008
Israel matou máis de 200 palestinos dende novembro

Israel matou máis de 200 palestinos dende novembro

O Exército de Israel está a reprimir con forza aos palestinos, logo da morte dun civil israelí esta cuarta feira, alcanzado por un proxectil lanzado dende Gaza. Nas últimas 48 horas as Forzas Armadas mataron 32 palestinos, entre os que hai 8 nenos.

O lanzamento de mísiles polos avións de Israel foron continuos e fixeron branco en varios obxectivos, dende unha zona ao carón da residencia do líder de Hamas, Ismail Haniye, até unha furgoneta de venta de refrescos, onde morreron dúas persoas.

Xogando ao fútbol
O ataque máis indiscriminado produciuse na tarde da quinta feira. Un mísil alcanzou a un grupo de nenos que xogaban ao fútbol e matou catro, todos menores de 15 anos.

Tamén catro palestinos morreron durante a madrugada da quinta feira ao venres nos ataques que realizou a Forza Aérea israelí á franxa de Gaza por segunda noite consecutiva.

Outros dous palestinos perderon a vida na última ofensiva aérea na localidade de Ian Yunes, ao sur da Cidade de Gaza a noite pasada, segundo relataron testemuñas e fontes médicas locais.

Os avións israelís tamén alcanzaron esta noite unha vivenda situada ao leste do campo de refuxiados de Iabalia, no norte da franxa, suceso en que resultaron feridas dez persoas. A vivenda pertence a un militante do movemento islámico Hamas, indicaron veciños da poboación.

Fontes da policía do movemento islámico dixeron que cazabombarderos F-16 dispararon tres mísiles contra un edificio pertencente a Hamas no norte da franxa de Gaza, ataque en que resultaron feridos varios civís.

Sen temor á reacción internacional
O conflito de Gaza pon en evidencia o enorme desequilibrio de forzas entre os dous bandos: Israel, no que vai de ano matou a 150 palestinos, dos que 44 eran civís e 12 deles nenos.

Non semella que Israel deba temer a reacción internacional. As principais potencias amosáronse preocupados pola situación; porén, namentres lle pediron ao goberno israelí máis contención á hora de usar o seu "dereito á defensa", esixironlles aos palestinos o cesamento dos lanzamentos de proxectís.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: