Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Electo por cinco anos

Será Raúl

Despois de catro horas, Raúl foi nomeado sucesor de Fidel Castro, 19 meses após telo substituído debido á súa longa convalecencia.

Redacción - 21:30 24/02/2008

Hai 19 meses que Raúl Castro exerce a presidencia provisional da illa, debido á longa convalecencia de seu irmán Fidel. A pasada semana Fidel Castro renunciaba á presidencia de Cuba, e Raúl perfilábase como o seu principal sucesor.

Este domingo, ás 16:30 hora cubana (ás 20:30 en Galiza), a Asemblea Nacional Cubana propuña a Raúl para substituír o seu irmán no primeiro relevo oficial que se produce na illa dende 1959, cando foi derrocado o ditador Fulgencio Batista.

Raúl Castro, de 76 anos, era o primeiro nunha listaxe única de candidatos, presentada á Asemblea. Nela tamén figuraban os 31 nomes de nomeados ao Consello do Estado, entre os que destacaban os de Carlos Lage, Ricardo Alarcón, Felipe Pérez Roque, Ramiro Valdés ou Esteban Lazo. De entre eles tamén foi escollido José Ramón Machado, de 77 anos, quen foi nomeado ao cargo de primeiro vicepresidente ou 'número dous', segundo afirmou de xeito oficial o deputado Julio Méndez.

A importancia de Fidel
Fidel, que por primeira vez en 30 anos non estaba presenta na sesión inaugural da Asemblea Nacional, enviou o seu voto nun sobre pechado. Ao escoitar o seu nome, os deputados puxéronse de pé e aplaudiron. Fidel, de 81 anos, vai continuar xogando un papel decisivo como xefe do Partido Comunista. O propio Raúl Castro subliñou que consultaría con el as "decisións máis importantes".

Relacionadas:

Nos medios:


5/5 (4 votos)