O empresario segue a investir en viños a través da corporación Inveravante co obxectivo de constituír un gran grupo adegueiro.
Fachada da adega
O empresario Manuel Jove segue a facer adquisicións no eido vitivinícola. A corporación Inveravante, presidida por Jove, mercou por 4,1 millóns de euros a adega ourensá Pazo de Monterrei. A empresa elabora viños brancos con uvas godello e treixadura, máis unha pequena produción de tinto tempranillo e mencía.
A adega ten unha capacidade de produción de medio millón de litros e é líder na denominación de orixe Monterrei. Inveravante pretende manter o equipo directivo e acadar o millón de botellas vendidas nun prazo de tres anos. A corporación de Manuel Jove xa posúe en Galiza as adegas Viña Nora, da denominación Rías Baixas, máis outras no resto do Estado de Rioxa, Rueda, Terra do Viño de Zamora, A Mancha e Xerez. A súa intención é conformar un grupo adegueiro con viños de diferentes denominacións de orixe.