Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
É o primeiro accionista individual da entidade vasca

Manuel Jove faise co 5% das accións do BBVA

O empresario galego convértese no segundo maior accionista. Agora é propietario de máis de 3.000 millóns de euros da entidade vasca.

Redacción - 17:30 28/09/2007
Jove, entre o conselleiro de Economía, Fernández Antonio, e antigo xerente de Citröen, Javier Riera

Jove, entre o conselleiro de Economía, Fernández Antonio, e antigo xerente de Citröen, Javier Riera

A intención do empresario é manter o seu investimento no banco que preside Francisco González arredor do 5%, segundo informaron a axencias fontes da CNMV. Desta volta adquiriu máis de 13,73 millóns de accións da entidade vasca, representativos do 0,2% do capital total, o que o consolida como o primeiro accionista individual do banco e o segundo, tras o banco custodio Chase Nominees LTD, que ten o 5,743%.

Deste forma, Jove xa é propietario de máis de 187,7 millóns de títulos de BBVA, unha participación que, segundo os actuais prezos de mercado, ten un valor de 3.085 millóns de euros. O galego, que entrou nos accionistas da entidade en xullo pasado, ten esta participación de forma indirecta, a través da sociedade Iaga Gestión de Inversiones (5,008%) e Doniños de Inversiones (0,001%) e Bourdet Inversiones (0,001%), ámbalas tras da súa propiedade.

Segundo asegurou ao mercar as primeiras accións, esta segunda inxección de cartos está dentro dunha "inversión financeira permanente", mais sen "vocación de intervir na xestión" da entidade.

Vida e obra de Jove
O ex presidente e máximo accionista de Fadesa entrou en BBVA despois de que, a finais do pasado ano, vendese a participación de control que tiña nesta inmobiliaria que fundou, así como a de arredor do 5% con que contaba en Unión Fenosa.

Da venda a Fernando Martín do 54,6% que tiña en Fadesa obtivo 2.208 millóns de euros, aos que se lle sumaron os 550 millóns obtidos coa venda a ACS da súa parte en Fenosa. Dende aquela o empresario buscou investimentos para o seu capital, que finalmente dirixiu á banca, ao sector téxtil e á enerxía.

Nun primeiro momento comprou á súa antiga empresa Fadesa a participación do 73,8% que esta sociedade tiña no Parque da Warner en Madrid. Despois mercou o 37,7% da firma Caramelo, investindo uns 15,8 millóns.

O empresario tamén ocupa a vicepresidencia de Vetra Energía, empresa dedicada á exploración e explotación de campos de petróleo en todo o mundo, principalmente en Latinoamérica, tras adquirir en xullo o 40% do seu capital por 37 millóns de euros. Despois mercou outro 20%.

Ademais, a través da súa sociedade de inversión Doniños, conta con investimentos minoritarios no Banco Pastor, Banco Sabadell, Santander e Telefónica.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: