Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reunión de urxencia do Consello de Seguridade

Rusia mantén na ONU o veto ao recoñecemento de Cosova

Mentres se agarda que a UE e os EUA formalicen a súa benvida ao novo Estado, Rusia bloquea calquera posibilidade de declaración ao respecto desde o Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

Redacción - 09:00 18/02/2008

Despois do veto ruso ao apoio a Cosova, explicitado no Consello de Seguridade da ONU, sete países asinaron unha declaración reprochando o bloqueo no proceso. Bélxica, Francia, Italia, Reino Unido, Alemaña, Croacia e Estados Unidos apoiaron o documento presentado en nome destes estados polo embaixador belga diante das Nacións Unidas.

O texto indica que os acontecementos deste domingo "supoñen a conclusión dun proceso sobre o status que esgotou todas as vías para o logro dun resultado negociado". "Lamentamos que o Consello de Seguridade non poida acordar un modo de seguir adiante, pero este punto morto é evidente desde hai meses", expresa o documento. A continuación, expresa o apoio a que a Unión Europea e a OTAN continúen garantindo a seguridade e a estabilidade na zona.

A OTAN, que lidera a forza internacional de pacificación en Cosova, a KFOR, con arredor de 16 mil soldados despregados na zona, comunicou este domingo e despois da declaración de independencia que vixiará calquera reacción belixerante contra a decisión cosovar e responderá "con rapidez e firmeza" contra calquera que tente botar man da violencia. A OTAN convocou ademais para este luns unha xuntanza extraordinaria do Consello Atlántico para analizar a situación.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: