Nas sete cidades galegas manifestáronse máis de 250 mil persoas (130 mil en Vigo). En Madrid e Barcelona foron máis dun millón, o mesmo que en Londres.
O 'Non á Guerra' resoou un sábado de hai cinco anos en todo o planeta, dende Toquio até Los Ángeles ou Buenos Aires. Aquel 15 de febreiro de 2003 máis de dez millóns de persoas saíron á rúa, sendo as mobilizacións máis numerosas as organizadas no Estado Español, xunto coas de Londres, Nova York e Roma.
En Vigo foron 130 mil, e en Compostela xuntáronse máis de trinta mil na Praza do Obradoiro, nun acto que pechou un manifesto lido por Marilar Aleixandre. Tres semanas máis tarde EE.UU decidiu iniciar a invasión sobre o Iraq.