Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No sistema estelar triplo Gliese 22

Astrónomos da USC proban a existencia dun novo planeta extrasolar

Sería a primeira vez na historia que se constata de xeito astrométrico, segundo o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

Redacción - 21:01 29/01/2008

Un grupo de científicos liderados por astrónomos da Universidade de Santiago de Compostela reivindican o descubrimento dun planeta xigante fóra do sistema solar nun artigo publicado na revista Astronomy & Astrophysics.

O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e coautor do artigo, Xosé Anxo Docobo, sinalou que lle corresponde a Unión Astronómica Internacional poñerlle o nome oficial. Mais a importancia do achádego reside noutro punto.

Segundo este equipo a existencia dun planeta xigante no sistema estelar triplo Gliese 22, suporía a primeira vez que se pon de manifesto astrometricamente a localización dun planeta extrasolar, segundo matizou Docobo.

Até o de agora, todos os descubrimentos de planetas fóra do Sistema Solar -ao redor de 300- realizáronse polo método de velocidades radiais ou por variación da luz da estrela ao se producir tránsitos do planeta por diante dela, que en calquera caso non achegaban a imaxe

No entanto, o Sistema Gliesse 22 está formado por tres estrelas de baixa masa, dúas das cales forman un sistema binario, de xeito que as dúas se moven en torno ao centro de masas do sistema. Pola súa banda, a terceira está máis afastada e móvese ao redor das outras dúas.

Titulado A methodology for studying physical and dynamical properties of multiple stars. Application to the system of rede dwarfs Gl 22, ademais de Docobo, asinan o artigo os investigadores do Observatorio Astronómico da USC Vakhtang Tamazian, Manuel Andrade e Pedro Pablo Campo; E. E. Balega, do Special Astrophysical Observatory de Rusia; D. Schertl e G.Weigelt, do Max Planck Institut de Alemaña; e M. Palacios do Grupo de Mecánica Espacial da Universidade de Zaragoza.


Documentos

5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe das tres estrelas do sistema estelar triplo Gliese 22
Imaxe das tres estrelas do sistema estelar triplo Gliese 22