O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) foi fundado en 1943, polo egrexio científico de Lalín que lle da nome. Co patrocinio do rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do CSIC comezou a construcción do edificio de dúas cúpulas. O Observatorio acolleu os instrumentos astronómicos que Ramón María Aller tiña no seu observatorio de Lalín. O seu director actual é o profesor Jose Ángel Docobo Durántez.
Hoxe dispón dos seguintes instrumentos: o telescopio refractor doado polo padre Aller,
unha cámara de interferometría speckle e un fotómetro de ocultacións. A cámara de
interferometría speckle é empregada para a detección de detalles pequenos dos obxectos
celestes. O fotómetro de ocultación para medi-las variacións do brillo dun obxecto
canda pasa outro por diante. Os aparellos descritos son moi útiles para o estudio das
estrelas dobres é múltiples, a principal liña de investigación do Observatorio.
No OARMA puxéronse en marcha, dende 1982, 11 proxectos de investigación. Ademais hai que
engadir un intenso labor docente, xa que nas súas instalación fan prácticas os alumnos
e alumnas da USC que cursan materias de Astronomía.
A súa biblioteca é unha das máis completas no seu eido. O OARMA conta con dúas
estacións de recollida dos datos meteorolóxicos da cidade de Santiago de Compostela. En
vindeiros anos melloraranse os medios de observación coa construcción do Observatorio
Astronómico de Monte Faro.
Aínda que en proceso de desenvolvemento, nas páxinas do OARMA podemos atopar información das efemérides
astronómicas. Na rede podemos consultar resumos dalgúns traballos desenvolvidos polo seu
director, o doutor
Docobo sobre estrelas
dobres,