Os mozos e mozas infantís e xuvenís volveron á actividade esta fin de semana coa segunda xornada das súas competicións. Os mozos de absoluto.
Dous meses despois as categorías infantil e xuvenil de waterpolo estaren paradas polo Nadal, o pasado sábado volveron á actividade, coa súa segunda xornada. O CN Pontevedra (infantil e xuvenil) viaxou á Coruña para enfrontarse contra o CN Coruña. Os infantís pontevedreses gañáronlle aos coruñeses por 11-16, mentres que os xuvenís perderon por só un punto, quedando 13-12.
Os máis pequenos foron gañando experiencia e algúns deles xogaron cos xuvenís no quecemento e nos descansos, collendo un bocado máis de práctica.
Na liga Absoluta, que xogará o vindeiro 2 de febreiro a Copa Galega en Compostela, o CW Santiago e o CN Pontevedra seguen a compartir o liderato.