Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
triatlón

Gómez Noya fica nun merecido terceiro posto e Raña no décimo nos EUA

Ámbolos dous atletas galegos participaban na proba de Des Moines, en Iowa, EUA. A carreira de elite masculina gañouna o danés Rasmus Henning.

Redacción - 09:27 18/06/2007

A proba norteamericana non puntúa para a Copa do Mundo de triatlón, mais é a mellor dotada economicamente do calendario internacional, con 700.000 dólares en premios. O danés Rasmus Henning, cun tempo dunha hora, 50 minutos e 4 segundos, gañou a proba, con 30 segundos de vantaxe sobre o neocelandés Bevan Docherty e con 42 sobre o galego Gómez Noya, actual líder da Copa do Mundo de triatlón.

Iván Raña, terceiro na proba disputada hai dúas semanas en Madrid, terminou cun crono de 1 hora, 51 minutos e 51 segundos, ficando no décimo lugar.

En canto ás mulleres, foi a estadounidense Laura Bennett a que asinou o mellor crono da proba, quedando campioa na casa. Despois chegaron a australiana Annabel Luxford e a brasileira Mariana Ohata.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: