A rede catalá de educación en comunicación La Xarxa pretende concienciar a cidadanía da creación dunha conciencia crítica fronte aos medios audiovisuais.
Fotograma dun dos anuncios
La Xarxa d'educació en Comunicació, rede catalá que pretende rematar co analfabetismo mediático, pon na rede cinco vídeos da súa campaña promocional subtitulados en galego. Os segmentos amosan que non existe unha auténtica formación que axude a cidadanía a comprender e analizar de xeito crítico os contidos que lles ofrecen os medios audiovisuais.
Dúas das pezas amosan unha nena e un neno indefensos perante a pequena pantalla, outras dúas amosan os resultados dunha enquisa a pé de rúa, mentres que a outra se refire á influencia negativa que pode provocar a televisión para a adolescencia, fomentando transtornos como a anorexia.
Os vídeos pódense ver na web de Dailymotion.
Máis información en open.vieiros