No marco da súa campaña pra promocionar a educación sobre os medios de comunicación na escola, o galego foi unha das linguas empregadas pra a realización dos videos promocionais.
Contra o analfetismo mediático! é o nome da campaña que propulsa La Xarxa pra chamala atención sobre a precaria situación da Educación en Comunicación nonoso país. Co termo "analfabetismo" queremos facer referencia á situación de inoperancia na que os actuales currículums de ensino deixan o alumnado diante dos medios de comunicación audiovisuais. Inoperancia respecto da capacidade de comprensión, da análise crítica dos contidos e da producción propia.
Co actual currículum, que non se preocupa -na práctica- de enseñarlle a entender e analizala información que lle chega dende as diferentes pantallas, o alumno queda tan indefenso ante a linguaxe audiovisual como o alumno ao que non se lle ensinou a ler una lingua escrita quedaria diante dun libro. Nunha sociedade na que a cantidade de informació que o alumnado recibe das pantallas sobrepasa moito a que recibe dos libros, a maioría das nosas escolas seguen ensinando como se viviran nun mundo onde aínda non se inventou Internet, nin a televisión nin tan só o cinema. E polo tanto, despois do seu paso polo noso sistema educativo, os nosos estudantes seguen sendo analfabetos. Mediáticamente analfabetos.
Dende La Xarxa queremos chamala atención sobre este feito e concienciar a todo aquel preocupado polo nivel cultural do noso país e especialmente dos responsables do ensino e dos medios de comunicación sobre a urxente necesidade de introducir definitivamente a Educación en Comunicación nas nosas escolas pra garantizar que os nosos alumnos sexan capaces de dispor dunha visión intelixente e crítica dos medios de comunicación. Porque solo con espectadores formados e críticos podemos garantizar cidadáns libres.
Ligazón dos videos en galego:
http://www.dailymotion.com/playlist/x7o07_laxarxa_contra-o-analfabetismo-mediatico
Web: http://www.laxarxa.info