Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Denuncia do BNG

Acusan o Concello de Ferrol de adiar a mudanza da SGHN á mantenta

Aínda non se tramitou a instancia ante o Ministerio de Defensa, para que a Casa do Coronel -da súa propiedade- acolla o museo da Sociedade Galega de Historia Natural.

Redacción - 09:00 15/01/2008

O grupo municipal do BNG pediulle ao Concello de Ferrol que tramite ante o Ministerio de Defensa a cesión da chamada Casa do Coronel, un predio do antigo Cuartel Sánchez Aguilera para que poida acoller o museo da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Cómpre que o Concello cubra unha instancia e a presente ante Defensa. Porén, segundo o voceiro do BNG, Xoán Xosé Pita, o bipartito ferrolán vai moi atrasado na tramitación do permiso, xa que o goberno español aínda non recibiu ningunha petición para que a SGHN se instale a instalación nos terreos do vello cuartel.

A xuízo do BNG, o concello está a demorar a petición porque prefire realizar unha nova proposta de usos do inmóbel. Os nacionalistas presentaran unha moción -aprobada en pleno municipal- para que a SGHN fose reubicada neste lugar xa que o actual, o vello edificio do Hospicio, está moi deteriorado.

Na súa web, os membros da Sociedade definían así, no mes de outubro pasado, o estado do predio no que agora están: "ante a ameaza doutro inverno de chuvias, é máis que probábel que teñamos que continuar no vello edificio do Hospicio onde naceu e creceu a nosa colección, cheo de humidades e coa ameaza constante de chegar a realizar o noso labor co ceo como testemuña".

O Hospicio xa ten novos inquilinos
Hai un mes o Concello de Ferrol anunciaba a remodelación das instalacións do vello Hospicio e a súa posterior cesión á Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e comarca para montar un centro de formación. Segundo o delegado da SGHN, Xoán Ignacio Dasilva, estaba previsto que as obras de remodelación da Casa do Coronel comezasen o pasado 2 de xaneiro.


Ligazóns

4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: