O dispositivo, que contiña dous documentos sobre explosivos en Afganistán, entregouno nun xornal.
Deixar unha memoria USB esquecida pode ser moi perigoso. Xa non sería a primeira vez que alguén ve publicados vídeos ou imaxes íntimas na rede. Pero, desta volta, o que aconteceu en Suecia podería terlle afectado ás relacións políticas internacionais.
Un empregado das forzas armadas deixou esquecida unha chave USB nun computador dun centro público da capital sueca, Estocolmo. A persoa que atopou o aparello decidiu que o mellor lugar para entregalo era o xornal Aftonbladet, que descubriu dous documentos clasificados sobre a ameaza para as minas e outras bombas en Afganistán que facían referencia a terceiros países.
O exército sueco xa abriu unha investigación, tanto militar como civil, para deixar claro o acontecido, despois de que o empregado despistado lles dese conta da perda. Tamén haberá unha xuntanza con representantes dos países afectados pola posíbel revelación de segredos.
As normas das forzas armadas do país escandinavo indican que só se poden gardar en memorias USB sen codificar documentos clasificados que non resulten comprometedores.