Máis de vinte persoas puideron falecer, a causa da explosión, que tivo lugar a carón do Tribunal Superior de Lahore, onde estaba convocada unha manifestación de avogados.
O balance de vítimas mortais polo atentado perpetrado na quinta feira a carón do Tribunal Supremo paquistaní, situado na cidade de Lahore, aumentou a 20, a meirande parte deles policías, segundo informaron fontes do Goberno Paquistaní.
Segundo declarou á cadea Dawn Television o xefe da Policía da localidade, Mohammad Iqbal, o ataque foi "un atentado suicida e os policías eran o obxectivo". Mohammad Iqbal tamén sinalou que "un home se achegou ao control policial e, no momento no que quixeron detelo os axentes, estoupou". O suicida guiaba unha motocicleta e, ao ser parado pola policía, aproveitou para perpetrar o atentado. Na zona había un gran número de axentes que se preparaban para a manifestación de avogados que estaba convocada para a quinta.
"Non sabemos o número de exacto de vítimas, pero polo menos hai 20 mortos e uns 60 feridos", dixo o gobernador da cidade, Mian Ejaz.