Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Aínda non saben se pasan, pero celebrárono igual

O Extrugasa perde, pero segue con posibilidades de pasar de rolda

A derrota de onte contra o BC Moscow na casa sóubolles a vitoria ás xogadoras arousás. Aínda non se sabe, pero poderían chegar a dezaseisavos de final.

Redacción - 11:39 14/12/2007
No partido de ida, en Moscú. Ciudariene loita con Weber

No partido de ida, en Moscú. Ciudariene loita con Weber

Aínda que perderon por 71-84, as xogadoras de Vilagarcía celebraron o final do partido coma se gañasen, sen saber se van pasar á seguinte rolda de Eurocopa da FIBA, mais contentas de se ter convertido nun dos terceiros mellores equipos da competición.

As rusas do BC Moscow encabezaban, e aí seguen, o Grupo I, no que as xogadoras do Extrugasa tiveron unha desigual sorte, perdendo tamén contra o Beretta Familia e gañando unicamente contras as suízas do Sdent Sierre basket.

Celebrando un fito na historia do Extrugasa

Aínda perdendo, o debut e paso do Extrugasa-Cortegada pola Eurocopa serviu para facer historia, e así o celebraron directiva, xogadoras e afección, sen saber aínda a clasificación final, que depende do que fagan os outros equipos.

Ao final a Martina Kress puido xogar co Extrugasa (marcou 8 puntos), xa que finalmente se solucionaron os seus problemas co visado.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: