Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Eurocopa

O Extrugasa, a piques de acadar o pase á seguinte fase do Europeo

Xoga esta quinta feira contra o BC Moscow a volta en Fontecarmoa. As de Vilagarcía teñen moitas posibilidades de pasar a dezaseisavos.

Redacción - 11:41 13/12/2007
Martina Weber, do BC Moscow, con Ange Ciudariene, do Extrugasa

Martina Weber, do BC Moscow, con Ange Ciudariene, do Extrugasa

Saen esta quinta feira, ás 20:30 horas á cancha do pavillón de Fontecarmoa: xogan na casa.

Deben selar xa o pase á seguinte rolda (aos dezaseisavos de final) da Eurocopa, xogando contras as mellores do seu grupo ( o Grupo I), as rusas do BC Moscow.

Chega con perder, pero mellor de pouco

Aínda que as galegas non van poder contar coa pívot Marina Krees, ao Extrugasa mesmo lle podería valer unha derrota para superar esta primeira fase como un dos 8 mellores terceiros clasificados; mais terían que perder por pouco.

O técnico do equipo de baloncesto arousán, Isaac Fernández, non quixo especular sobre o que podería pasar, mais asegurou que o que queren é "demostrar que podemos gañar", e falou das súas xogadoras, ás que dixo ver "moi motivadas".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



María Asurmendi, do Extrugasa, entra a canasta ante as xogadoras do Beretta Familia (Italia)
María Asurmendi, do Extrugasa, entra a canasta ante as xogadoras do Beretta Familia (Italia)
As de Vilagarcía terán que xogar sen unha das súas mellores, a pívot Martina Kress
As de Vilagarcía terán que xogar sen unha das súas mellores, a pívot Martina Kress