Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Convocada por George Bush, en Annapolis

Escepticismo diante da Conferencia de Paz para Oriente Próximo

A capital do estado de Maryland (EUA) acolle representantes palestinos, israelís, exipcios, sauditas, xordanos e sirios, entre outros, namentres as críticas van en aumento.

Redacción / Axencias - 11:05 26/11/2007

O presidente iraniano, Mahmud Ahmadineyad, afirmou este domingo que a Conferencia de de Paz para Oriente Próximo non será beneficiosa para os palestinos e que o seu único propósito é apoiar a Israel. Ahmadineyad, afirmou que iniciativas como a de Annapolis (Maryland, EUA) serán inútiles mentres non se restabelezan os dereitos palestinos.

A do dirixente persa é unha das voces críticas que se están a escoitar nos días previos ao comezo da cimeira este martes, á que acudirán representantes palestinos, israelís, exipcios, sauditas, xordanos e sirios, entre outros, convocados polo presidente estadounidense, George Bush.

Mais non é a única. Os dirixentes de Hamás están convencidos de que o proceso que poida xurdir a posteriori será un novo fracaso, sete anos despois do último, e o respaldo do mundo occidental a Mahmud Abbás.

Tamén o candidato presidencial republicano, Mitt Romney, criticou a celeridade para convocar a xuntanza, xa que considera que Palestina aínda non tomou os pasos necesarios para acadar a paz. Neste senso se manifestou ademais a oposición israelí ao goberno de Ehud Olmert. Precisamente este último manterá unha xuntanza este luns con George Bush, previa a cimeira, para tratar sobre Irán.

Participación de Siria

Por outra banda, Siria -un dos países máis reticentes a participar no cumio- estará presente en Annapolis, segundo anunciou o domingo o Ministerio de Asuntos Exteriores, logo de que Washington fixese unha referencia implícita á meseta do Golán, ocupada por Israel na guerra de xuño de 1967.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un dos primeiros encontros para a paz en Oriente Medio organizados en EUA (Begin, Israel; Carter, EUA; e Sadat, Exipto)
Un dos primeiros encontros para a paz en Oriente Medio organizados en EUA (Begin, Israel; Carter, EUA; e Sadat, Exipto)
Cumio israelí-palestino na Casa Branca, en 1993 (Rabin, Clinton e Arafat)
Cumio israelí-palestino na Casa Branca, en 1993 (Rabin, Clinton e Arafat)