Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos do terceiro trimestre de 2007

O PIB medra catro decimas por riba da media do Estado

O Produto Interior Bruto galego aumentou un 4,2%, namentres ca o español o fixo un 3,8% e o europeo, un 2,9%, segundo o publica este martes o IGE.

Redacción - 18:00 20/11/2007
Xosé Ramón Fernández Antonio

Xosé Ramón Fernández Antonio

O Produto Interior Bruto (PIB) da economía galega medrou un 4,2% no terceiro trimestre do ano 2007, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

O conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, fixo referencia a estas cifras durante un acto organizado en Compostela -no que participaron as caixas galegas-, e que recollen os datos da estimación de avance da Contabilidade Trimestral de Galiza.

Industria, servizos e explotacións

O máximo responsábel das finanzas galegas destacou que o 4,2% de crecemento supón catro décimas máis que o estimado para o Estado (3,8%), e 1,3 puntos por riba do rexistrado na Unión Europea (2,9%).

Esta boa evolución da economía do país susténtase, segundo explicou, "no bo comportamento do sector industrial, dos servizos, a das exportacións".


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: