Os ministros de Exteriores alemán e francés están a gravar un tema musical para o YouTube co fin de mellorar a imaxe da Unión Europea entre os máis novos. Non é a primeira vez que se utiliza o portal -con gran éxito- para promocionar a UE. O seguinte vídeo é unha boa mostra.
Coa intención de mellorar o problema de imaxe que, sobre todo entre a mocidade, ten a Unión Europea, os ministros de Exteriores francés e alemán, Bernard Kouchner e Frank-Walter Steinmeier, están a gravar un dueto musical para ser colgado no YouTube.
Para a súa interpretación contan coa axuda de dous músicos turco-xermanos, que este luns, en Berlín (paralelamente ao encontro que manteñen a chanceleresa alemá, Angela Merkel, e o presidente francés, Nicolas Sarkozy), prestaranlles axuda a ambos os dous crooners durante a súa actuación.
Malia que non quixeron dar datos sobre o contido da canción, a preguntas da prensa sobre se sería un rap, o voceiro alemán do ministerio sinalou que iría máis no camiño do Rhytm&Blues
Esta non é a primeira vez que os políticos europeos utilizan o YouTube para promocionar a UE. En datas recentes, un vídeo composto por as mellores escenas de sexo en filmes de Europa recibiu centos de miles de visitas.