Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Competencias autonómicas

A Xunta interporá un recurso de inconstitucionalidade pola negativa aos requirimentos sobre os eólicos mariños

O Consello de Ministros non admitiu os requirimentos polos que o Goberno galego denunciaba unha vulneración nas súas competencias.

Redacción - 16:51 27/10/2007

Como indicou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, “non podemos decidir que dende Madrid se decida o que se fai na nosa costa". O Consello da Xunta aprobou enviar un requirimento a Madrid para que o Executivo central "dea marcha atrás"na súa negativa e chegue a un acordo co goberno autonómico.

O vicepresidente sinalou que a instalación de parques eólicos mariños pode supor un “grave prexuízo” para un país que vive do mar, e criticou a “perspectiva recentralizadora” do goberno español.

O Consello de Ministros aprobou este venres dous acordos polos que se contesta aos requirimentos de incompetencia formulados pola Xunta de Galicia e o Goberno de Canarias, nos que se indica a ambas as dúas comunidades que non teñen competencias para autorizar as instalacións eléctricas situadas no mar alegando que, polas súas características, o Real Decreto 1028/2007 reparte competencias entre goberno e autonomías nesta materia.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: