Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crónicas desde Bethlehem

Prisión dentro da prisión

A violencia en Ketziot, que se estendeu dende a media noite ata as 5 da madrugada, provocou a morte dun prisioneiro palestino amais das feridas de máis de 250. Unha crónica de Moncho Iglesias Míguez.

Redacción - 16:30 23/10/2007
Tags:

O cárcere de Ketziot, no deserto do Neguev, ao Sur de Israel, é un campo militar cheo de tendas de campaña no canto de edificios. Moitas desas tendas foron destruídas esta madrugada debido á violencia coa que os gardas tentaron de achar contrabando entre as pertenzas dos detidos, segundo apuntan os prisioneiros, que vén o acto coma unha provocación.

A violencia en Ketziot, que se estendeu dende a media noite ata as 5 da madrugada, provocou a morte dun prisioneiro palestino amais das feridas de máis de 250. O lugar onde viven os detidos quedou destruído, así como as súas pertenzas persoais. Os actos violentos no cárcere non foron un caso illado nos Territorios posto que, ao pouco de coñecerse as novas da revolta, as protestas comezaron a sucederse por toda Palestina.

En Hebrón, a policía palestina detivo a varios membros de Hamás por organizar unha manifestación ilegal, pois era de noite e non había permiso para ela. Noutras cidades, como en Ienín ou Nablús, no Norte, a entrada de militares provocou máis detencións de membros de grupos palestinos, así como máis feridos e mortos. En Belén, os militares israelís, en estado de máxima alerta, posto que os xudeus ultra-ortodoxos celebran a festa de Raquel –dentro do territorio palestino de Belén, pero cuxa tumba está baixo custodia israeí-, teñen pechados os accesos á cidade dende onte pola tarde, e nas últimas horas foron detidos varios estudantes que protestaban contra o ocorrido no Neguev.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: