Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O mesmo día que volvía do exilio

Máis dun cento de mortos en Paquistán nun ataque contra Benazir Bhutto

Dúas explosións á beira do vehículo no que viaxaba a ex primeira ministra, causaron cando menos 120 mortes e máis de 200 feridos. Bhutto saíu ilesa do atentado.

Redacción - 09:00 19/10/2007

O masacre produciuse ao paso do coche que, ao parecer, dispoñía de blindaxe, e que trasladaba a Benazir Bhutto desde o aeroporto de Karachi até o lugar onde esta tiña previsto ofrecer un discurso público diante dos milleiros de seguidores que se concentraran para saudar o seu regreso ao país.



Bhutto deixara o país en 1999, no medio de diversos casos de corrupción que se lle atribuían, presuntamente para facer presión e conseguir a súa retirada e despois de ser destituída polo propio presidente. O seu regreso chega despois dun acordo co actual dirixente paquistaní, Pervez Musharraf, que anulou os casos contra elas e membros do seu equipo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: