Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA DE IGUALDADE

Mediagal, un programa de axudas para os conflitos de parella

Vicepresidencia presentou este programa, que nace para axudar á parella a resolver por si mesma os conflitos xurdidos na vida familiar.

Redacción - 18:30 15/10/2007
O programa Mediagal axudará na mediación dos conflitos familiares e de parella / Flickr: la_cola_de_mi_perr o

O programa Mediagal axudará na mediación dos conflitos familiares e de parella / Flickr: la_cola_de_mi_perr o

Até o vindeiro 10 de decembro as parellas e familias que estean a vivir un conflito poderán solicitar as axudas do programa Mediagal, co que poderán recibir até un máximo de 240 euros para cubrir o custo das sesións de mediación familiar.

Na mañá da segunda feira a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, presentou este programa de mediación familiar galega, para darlle pulo e aproveitamento social dun recurso, ademais que vai servir para cubrir os custos de mediación nos conflitos de parella e das familias.

A axuda consiste na cobertura do custo dun proceso de mediación familiar cun máximo de 6 sesións,. Para isto entregaráselles ás persoas beneficiarias cheques de servizo gratuíto cun valor nominal de 40 euros por sesión ata un máximo de 240 euros.

A mediación familiar en Galiza
A mediación familiar é un proceso de resolución de conflitos, extraxudicial e voluntario. Realízase mediante a intervención dunha persoa profesional, especializada no eido psico-socio-familiar e inscrita no Rexistro de Persoas Mediadoras de Galiza. Na actualidade preto de 300 mediadores e mediadoras no país.

En 2005 houbo no país 8.900 separacións e divorcios, e só 5 parellas pediron o servizo de mediación familiar. En 2006 pedírono 3 parellas e outras 3 lévano solicitado no que vai de ano 2007.

Con esta iniciativa Igualdade quere fomentar a "cultura da mediación", mediante a busca de solucións pactadas dentro da parella para chegar a un acordo consensuado entre ámbalas dúas partes. O programa serve tamén, alén das parellas que estean en situación de separación ou divorcio, para as que teñan un conflito de convivencia.

O programa Mediagal
Poderán solicitalo aquelas parellas galegas que o desexen, sexa a parella de mutuo acordo ou ben unha soa das partes coa posterior aceptación da outra.

A persoa mediadora pode ser elixida pola parella entre os/as profesionais inscritos no Rexistro de Mediadores de Galiza e adheridos ao programa Mediagal. No caso de que non haxa acordo, o mediador será designado pola Secretaría Xeral de Igualdade.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: