Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alta corrupción no país

Canto vale o voto en Colombia?

Miles de euros deciden os representantes políticos, segundo publica o xornal El Tiempo, criticando que apenas se estean investigando estes manexos.

Redacción - 09:00 08/10/2007

"Ningunha autoridade está castigando a compra e venda de votos, malia que se considera un delito contra o sufraxio", sinalan os autores da información publicada este domingo por El Tiempo, onde o propio presidente do Consello Nacional Electoral, Pablo Gil, recoñece que a institución non se ocupa deste tema: "Ao CNE non lle compete determinar se alí houbo ou non compra de votos", afirma Gil. Un asesor da policía conta para o diario que en cada cita electoral hai decenas de denuncias por este motivo "pero son moi difíciles de comprobar", sinala.

O xornal sinala que en determinadas áreas da capital, Bogotá, particularmente nas máis densamente poboadas, os candidatos á corporación municipal acordan cos edís locais a colleita dun número determinado de votos. Nesa tarefa inxéctanse grandes sumas, das cales unha parte vai destinada a pequenos apaños, reparacións de vivendas ou centros comunitarios e outras ofertas a cambio do voto. O edil comprométese así a apañar un mínimo de sufraxios para o candidato principal. "Para entrar nunha localidade necesítase dun líder, que fai as veces de cacique de barrio", relata un dos candidatos ao Concello de Bogotá.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: