Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os resultados non se coñecerán até o 17 de outubro

Incidentes na xornada electoral en Paquistán

O presidente é escollido por sufraxio "indirecto", o que prognostica a vitoria de Musharraf, entre a abstención e boicot ao proceso promovida desde varios partidos.

Redacción - 12:30 06/10/2007

Molestos polo feito de que o actual presidente Pervez Musharraf poida acudir a estes comicios mantendo a xefatura do exército de Paquistán, diversos partidos opositores mobilízanse contra unhas eleccións que consideran distorsionadas. Musharraf, quen accedeu ao poder en 1999 a través dun golpe de Estado, será con toda probabilidade escollido presidente, xa que nesta elección non votarán os cidadáns senón que o voto restrínxese ao Parlamento e ás asembleas provinciais, escenarios onde Musharraf se asegurou a fidelidade no voto.

Así e todo os resultados non se coñecerán até o próximo 17 de outubro. A Corte Suprema do país decidiu permitir a votación deste sábado, pero á vez prohibiu que se fagan públicos os resultados até que se decida xudicialmente sobre a legalidade da candidatura de Musharraf. Xa que logo, o verdadeiro punto de inflexión para Paquistán poderían ser os próximos comicios lexislativos, a celebrar o ano que vén, onde si poderán votar os cidadáns. Para daquela agárdase ademais que estea no país de volta, despois da amnistía concedida, a ex primeira ministra Benazir Bhutto, quen fora a muller pioneira en gobernar un país musulmán.

Durante a xornada deste sábado houbo incidentes en Peshawar, na entrada da asemblea provincial, onde ducias de avogados se concentraron en denuncia do que consideran a ilegal candidatura de Musharraf. Do enfrontamento coa policía hai balance de catro feridos, tres manifestantes e un axente. Mentres, en Karachi, os manifestantes bloquearon estradas en protesta contra o presidente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: